En algúns casos, a dificultade de comprensión dun tema está no grao de abstracción que representa. Para iso son ideais os simuladores. Os simuladores permiten interactuar de xeito privilexiado cun modelo. ¿Por qué? porque permiten, primeiro, empezar a entender o concepto de modelo. Segundo, permite interactuar, modificar unha variable e ver como repercute no modelo. Terceiro, ao intercambiar comentarios na aula, todos teñen a mesma imaxe do modelo do que se fala. (recollido de Liliana Haydée Perini)